Éxito de público no Liceo de Ourense na presentación de “O Froilán”, primeira obra de ficción da súa autora. Estivo acompañada dos escritores Delfín Caseiro e Celia Díaz que disertaron sobre o conto na literatura galego e o gato na literatura respectivamente.
Ó gato Froilán cando era pequeniño convertérono no xoguete dun neno de cidade, mais segundo ía crecendo o rapaz fartouse del e os seus pais tamén empezaron a velo como un estorbo. Así, un día acordaron que o mellor era desfacerse del, abandonalo no monte. Cando isto estaba a piques de acontecer, unha veciña á que lle deu pena fíxose cargo do Froilán e buscoulle unha familia que o adoptou.
A partir dese momento a vida de Froilán cambiou, xa que foi vivir ao campo a unha casa con horto e xardín e converteuse nun gato querido, feliz e libre. Entraba e saía cando quería e viviu un feixe de aventuras. A máis extraordinaria foi descubrir que se podía comunicar telepaticamente coa súa nova ama, feito que estableceu un vinculo especial entre eles e que o gato aproveita para ditarlle as súas memorias.
O Froilán é un pouco trapalleiro á hora de ditar, mais el xustifícase dicindo que un gato non ten porque saber de pluma e de letra. Sen embargo, a súa ama díxolle que, se non se esmeraba, ela deixaba de escribir. O Froilán centrouse e transmitiulle telepaticamente, sen máis preámbulos, o que el chamaba as miñas trepidantes aventuras.
Librerias nas que se pode encontrar | |||
Ourense | Pontevedra | Coruña | Lugo |
Kathedra | Librería Mendinho (Vigo) | Librería Arenas (CO) | Lib. La Voz de la Verdad |
Platero | Libraría Cartabón (Vigo) | Follas Novas (Santiago) | |
Padre Feijóo | Librería Librouro Vigo) | Cronopios (Santiago) | |
La Viuda | Librería PAZ (PO) | ||
Nobel (Xinzo de Limia) | Cronopios (PO) | ||
Librería d-Lectum (PO) | |||
Librería Escolma (PO) | |||
Librería NOS (Xanxenxo) | |||
Pedidos por correo (sin gastos de envío): Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. |
http://mercedesgallego.es/index.php/publicaciones/82-varios/129-presentacion-de-o-froilan#sigFreeId7526f4c136