varios

Presentación de "O Froilán"

Éxito de público no Liceo de Ourense na presentación  de “O Froilán”, primeira obra de ficción da súa autora. Estivo acompañada dos escritores Delfín Caseiro e Celia Díaz que disertaron sobre o conto na literatura galego e o gato na literatura respectivamente.

Ó gato Froilán cando era pequeniño convertérono no xoguete dun neno de cidade, mais segundo ía crecendo o rapaz fartouse del e os seus pais tamén empezaron a velo como un estorbo. Así, un día acordaron que o mellor era desfacerse del, abandonalo no monte. Cando isto estaba a piques de acontecer, unha veciña á que lle deu pena fíxose cargo do Froilán e buscoulle unha familia que o adoptou.

A partir dese momento a vida de Froilán cambiou, xa que foi vivir ao campo a unha casa con horto e xardín e converteuse nun gato querido, feliz e libre. Entraba e saía cando quería e viviu un feixe de aventuras. A máis extraordinaria foi descubrir que se podía comunicar telepaticamente coa súa nova ama, feito que estableceu un vinculo especial entre eles e que o gato aproveita para ditarlle as súas memorias.

O Froilán é un pouco trapalleiro á hora de ditar, mais el xustifícase dicindo  que un gato non ten porque saber de pluma e de letra. Sen embargo, a súa ama díxolle que, se non se esmeraba, ela deixaba de escribir. O Froilán centrouse e transmitiulle telepaticamente, sen máis preámbulos, o que el chamaba as miñas trepidantes aventuras.

Librerias nas que se pode encontrar
Ourense Pontevedra Coruña Lugo
 Kathedra  Librería Mendinho (Vigo)  Librería Arenas (CO)  Lib. La Voz de la Verdad
 Platero  Libraría Cartabón (Vigo)  Follas Novas (Santiago)  
 Padre Feijóo  Librería Librouro Vigo)  Cronopios (Santiago)  
 La Viuda Librería PAZ (PO)    
 Nobel (Xinzo de Limia)  Cronopios (PO)    
   Librería d-Lectum (PO)    
   Librería Escolma (PO)    
   Librería NOS (Xanxenxo)    
Pedidos por correo (sin gastos de envío): Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
 
Galería de imaxenes